Estudio
No noso estudio de arquitectura cremos que todo proxecto debe basearse nun equilibrio perfecto entre funcionalidade, estética e economía, os tres piares fundamentais para garantir resultados sólidos. O noso enfoque está orientado a responder de xeito preciso ás necesidades de cada cliente, creando deseños personalizados que reflictan o seu estilo, se axusten ao seu orzamento e se integren perfectamente no contorno onde se desenvolvan.
Caracterizámonos por unha atención coidadosa en cada etapa do proxecto, desde a idea inicial ata a súa materialización, priorizando sempre a calidade e o detalle. Combinamos tradición e innovación para deseñar espazos únicos, versátiles e duradeiros, acompañando aos nosos clientes ao longo de todo o proceso para converter as súas ideas en obras que armonizan deseño e funcionalidade.
Noela Insua
Son arquitecta graduada na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña no ano 2017, cun máster en Rehabilitación Arquitectónica.
O que facemos
A medida para o cliente
Arquitectura
- - Proxectos de edificación
- - Rehabilitación
- - Reformas
- - Dirección de obra
Urbanismo
- - Parcelacións
- - Estudos de detalle
- - Plans parciais
Outros
- - Expedientes de legalización
- - Certificados enerxéticos
- - Inspeccións técnicas (ITE)